Cristaliños
en cachiños Cristais
incrustadiños No bazo,
corazón e fígado Cristaliños
machacados Despois de
morder con raiba Cristais
cuspidos pola boca Cristaliños
sangran beiciños Manchan así
os meus bicos Pola sangre
de cristais Que entorpecen
as visións Con reflexos
de espexismos Con niveles
de optimismo Ao poñer
lentes sen cristais. Pequeniños
cristaliños Incrustados
nos meus pés Silbando
o meu estómago Cortando
a miña leite Cristaliños
en cachiños De vidrieiras
relixiosas Con moitas
cores e texturas Que traslucen
as miradas Que deixan
pasar os raios Tronos e
centellas Parten o
cristal Non da virxen
do mesmo Senón
da virxen do rosal Río
de sangue que reflexa A inquedanza
das esperas Das esperas
de ventás Rebozadas
con cristal Con primaveras
ás veces Outras, arañando
as ansias Nos espellos
limpo-rotos Vaporizados
de humidade Embalsamados
en opiáceos Regalados
en almacéns... O cortante
do cristal.
Continuo desfile
Prolongación
audiovisualolfativa
De vivir
como ordean e mandan
Os cánones
e boas costumes
Dictadas,
radiadas ou televisadas
Polos ases
da pro-incultura social.
Din que a
inspiración non existe.
Son os pirómanos
da literatura.
Hoxe expiro
varios aires
Eurofaxia!.
Estou un
pouco-(ins)-pirado
Contradicción
pirómana.
Os libros
non teñen níquel?
Alerxia literaria
Euroalerxia?.
Inspiro,
expiro, inspiro, expiro.
Tos, tos,
tos, tos, tos.
Cof, cof,
cofradía de conspiradores
Euroditos
de tres céntimos.
A Augardente
clandestina
Sabe mellor
con herbas.
ESKORBUTO
(por eles, para ela)
Teño
tendinite no cerebro
Auga-ras
na gorxa
Proe-proe
na man esquerda
Unha pústula
pustuleante
Un insecto
nun ollo
O estófago
dun animal mitolóxico
Sensible
dentadura
Curvatura
de lombo enchepado
Barriga-vibratoria-bolsa-de-auga
Nicotina
no pelo
Alquitrán
nos beizos
Unha língua
cortada e con vexigas
Ademáis
de inventarme tumores
A miña
fronte vai por diante de min.
E dis que
son de peluche
Pero non
me anunciaron para estes reis.
A pesar de
todo ti séguesme a querer
Miña
raiña.

No pabellón
psiquiátrico as cabezas pesan
Os ollos
están moi despertos ou moi dormidos
Tremen as
mans dalgúns e as almas doutros
Os paseos
hacia nengures son interminables
E se mira
para a ventá ansiando contaminación
Xa que todo
está impregnado de desinfección
Tamén
de babas, soños, pastillas, risas e chantos.
Están
alí esperando por un cigarro
Están
alí esperando se cambiará algo.
Placebos
de xogos, placebos de charlas
Placebos
supostamente medicinais, comida a esgalla
Para apaciguar
as ansias dos cerebros dominados pola química
Setenta e
un mil teorías sobre os universos
Consellos
familiares ou ás familias (quen as tén)
Ingresos
e fuxidas, hacia o pabellón máis grande,
Tormentos,
pesadelos, correas e coellos
Televisión
con excipientes en doses de 1000 milinoxos.
Reunións
de bata-brancas moi progresistas e moi almorzados
Dados de
volta, escapando hacia fora.
Terminoloxías
hereditarias e xenética de morro.
Institucións
públicas e privadas de auga fría
Do novo milenio,
de vellas mentiras.
Campos de
fútbol, campos de batalla
Barrios de
pobres, pobres barridos
Campos de
refuxiados, bombas nos refuxios
Estanterías
plagadas de libros
Neveiras
cheas de comida
Diñeiro
saúdable de por vida
Herdanzas
de outros tempos, de todos os tempos.
Non pasean
polo barrio, levitan nas alturas
Da fanfarronería
progresista de avance europeo
Globalizando
a loucura
Contrastando
con excitación e represión á par
Desemprego,
traballo-lixo, instigando á competencia
Por tres
céntimos de fel e gol
Pechando
e abrindo xaulas, colmenas e reservas.
A demencia
sabedes ben onde está...

lobos e cordeiros
corren sementando medo
cordeiros
e lobos corren amedrentando semente
e os cordeiros
transfórmanse en lobos
e os lobos
transfórmanse en cordeiros.
hai lobos
con pel de cordeiro
hai cordeiros
con pel de lobo
e hai lobos
de clase a
e hai lobos
de clase b
e hai lobos
de clase c
cecilia é
cordeira de clase a
como hai
cordeiros beee
e cordeiros
c
cabróns
e lobeznos
cordeiriños
e razas de lobo superior
con colmiños
afilados
sen lá
como hai
cordeiros e ovellas negras
e pastores
belgas e
alemáns
con boina
ou sen ela
pero todos
con chaleco de tahur
adestrando
o medo e a semente
a lobos e
cordeiros
a cordeiros
e lobos.
grandes rebaños
de lobos
grandes manadas
de cordeiros.
teño
catro cartas
dunha baralla
usada
mil veces
tirada
adrede
correxiu con
typex
o fallo nº13
logo cambiou
á nena
o cueiro
sudoroso
de sangue
de tabaco
pegou con
coidado o apósito
sobre o pezón
esquerdo
tiña
o corazón danado
polo mordisco
propinado.
arañaba
a bombilla
como querendo
ganar a lus
que se lle
negaba
debido aos
apagóns
pola tormenta
desquiciante.
o arco da
vella enmarcándote
a chuvia
e o sol mesclan o replandor
da túa
cara da que cae unha bágoa
baixando
pola sonrrosada meixela,
polo blanco
pescozo,
polo peito
florido, magnífico ventre,
e así
dirísexe a través do muslo
hacia o dedo
pequeniño do teu pé esquerdo
xusto onde
estaba acariciándote.
na miña
xema o elixir embriagador,
formamos
o cuadro enamorado
cando introduzo
o dedo mollado na miña boca.
eu presenciei
o meu desmembramento:
enfermeiro
con serra mecánica
procedía
a “operarme”
despois pegarme
con lotite
as pernas
e os brazos;
e estiven
durante meses
adaptándome
ao meu corpo,
ás
miñas babas.
qué
fácil é chover!!.
e tocáronme
de novo
e de novo
bucéei
entre mareas
de lúa pálida
acomplexado
pero á inversa
poesía dun enfermo.
e certo, hoxe
estás preciosa
como unha
rosa nun xardín de tumbas
como unha
pirauga nun mar en ebulición
e ademáis
plateada e enigmática.
é
certo, hoxe voaría contigo ao infinito,
ao máxico
ao envolvente, ao plácido
e xogaría
polas túas uñas comidas polo vento
xogaría
co teu pelo recollido con pinzas negras.
é
certo, hoxe as ilusións esvaecen e xa
non penso
coma antes e aínda que estás preciosa
e ademáis
plateada e enigmática, non podo tocarte.
Hai un ventanuco
entre o adobe e a madeira.
Rehabilitemos
o faiado.
Hai un ventanuco
no ceo
Entre nubes
simpson
Pasan raios
de sol-lus
Que subvencionan
a fondo perdido
Un primeiro
plano-fixo da túa cara
Con legañas
de bós días
Con sorrisos
de bós días
Con meixelas
recheas de pómulos
Que vislumbran
os bós días
No faiado
adobado de especias variadas
En forma
de bicos con auga de nubes
Por onde
deambulo estes bós días.
> Hola,
ya os había escrito por el tema de enviar colaboraciones. Pues os
mando las primeras,
a ver si os gustan y si las podeis incluir en
poesiasalvaje. Son varias
imágenes y varios poemas que podeis maquetar
como os venga en gana
o como os sea más sencillo. Saludos y todas esas
cosas. minus-bálido.
(los poemas van en galego).
de Minus-Balido
a 13 de Agosto
02